quinta-feira, 21 de julho de 2011

A praza de San Fernando acolle mañá o XXV Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Baixo Miño


Máis de 360 coralistas pertencentes a nove agrupacións participan mañá venres no XXV Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Baixo Miño. Vaise celebrar a partir das dez da noite na Praza de San Fernando de Tui. Con este evento ábrese a programación cultural do segundo semestre do ano na cidade.
Este evento recorre cada ano un dos concellos participantes a cada beira do Miño recalando nesta ocasión en Valença onte tivo lugar o pasado 2 de xullo, e en Tui onde se celebra mañá 22 de xullo.
Van participar a Coral Polifónica de Verdoejo de Valença, a Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, a Coral Polifónica de Santa Luzia de Moreira de Monçao, a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral Polifónica de Vila Nova de Cerveira, a Coral Polifónica da Guarda, o Orfeao de Vila Praia de Áncora, a Coral Polifónica de San Teotonio de Valença e a Coral Polifónica a S.I. Catedral de Tui. Cada unha delas interpretará dúas composicións conformando entre todas un variado repertorio no que haberá texas de Eric Clapton, Zeca Afonso, habaneras, fados, e temas populares. Rematarán todas xuntas cantando o Himno dos Encontros, O voso galo Comadre e o Himno da despedida acompañadas da Banda de Música Popular de Tui.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, agradece a colaboración do párroco de Tui e director da Coral da S.I. Catedral na organización deste evento que cada catro anos recala en Tui. Salienta que a unha oportunidade única para disfrutar do bo facer das masas corais de toda a contorna nunha noite na que as voces destes coralistas encherán a Praza de San Fernando. A edil pon de manifestou que este evento é un magnífico arranque da programación estival na cidade. 

Sem comentários:

Enviar um comentário