segunda-feira, 4 de julho de 2011

O alcalde recibe a vintesete desempregados que inician o seu traballo no Concello de Tui


A este número hai que engadirlle os 12 contratados para o Grumir
Hoxe venres, 1 de xullo, comezan o seu traballo por un período de seis meses un total de vinte sete desempregados que, ao abeiro das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través de programas de cooperación da Consellería de Traballo, desenvolveran a súa actividade no Concello de Tui.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, saudou a primeira hora a este grupo de traballadores que inician hoxe o seu traballo en obras ou servizos de interese social ou xeral: a conservación do Camiño de Santiago e áreas verdes, dos elementos do patrimonio etnográfico espallados polo rural, servizos municipais de deporte, cultura, turismo ou medios de comunicación, a conservación e mantemento de instalacións municipais, etc son algúns dos ámbitos de actuación deste grupo de traballadores.
A este conxunto de desempregados hai que engardirlle os 12 membros do Grumir que iniciaron a súa actividade o pasado 1 de xuño. Desta forma, son un total de trinta e nove os desempregados do Concello de Tui que acadaron un traballo ao abeiro destes plas de cooperación.
A Xunta de Galicia achega case 400.000 euros para o financiamento destes contratos laborais, evidenciándose que o compromiso do novo goberno municipal tudense polo emprego comeza coa execución deste programa promovido polo anterior equipo municipal e que terá continuidade con novas iniciativas nos vindeiros meses.

Sem comentários:

Enviar um comentário