O Concello de Tui fixo entrega esta mañá das becas aos deportistas tudenses de alto cun importe total de 10 mil euros. Na súa concesión se tivo en conta os méritos deportivos colleitados ao longo de 2012, segundo o baremo establecido nas bases desta convocatoria. O importe da becas oscilou entre os 1.402 e o 467€.
O acto de entrega tivo lugar no salón de sesións coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e os concelleiros Vanesa Rodríguez e José Ángel Villaverde.
Os bolseiros foron Iván Alonso Lage polo dobre campionato do Mundo de Piragüismo logrado en K1 e K2. Tamén os padeeiros Óscar Carrera Amandi polo podio no Campionato de Europa e José Luís Bouza e Diego Piña pola súa participación no Campionato de Europa. Amais polos podios nos Campionatos de España se lles outorgou unha bolsa a Manuel Garrido, Leticia Piña, Valeria Romero, e Roberto Rodríguez Lechuga.
Recibiron tamén bolsa os remeiros Nuria Domínguez e Jesús González pola participación no Campionato de Europa, Cristián Fernández, David Prada e Alfonso Riveiro polo podio Campionato de España.
Outra das bolsas concedidas foi para a atleta Leticia Fernández polo podio no Campionato de España e para Gustavo Rodríguez en duatlón pola participación no Campionato do Mundo.
Neste acto o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, agradeceu as alegrías que este deportistas nos deron durante o ano pasado. Explicaba que estas becas foron unha medida importante de cara aos deportistas de alto nivel. Afirmaba o edil que “continuaremos con esta liña de axudas tanto a deportistas como a clubs”.
Pola súa parte o alcalde, Moisés Rodríguez, salientaba que este é “o primeiro paso de outros moitos que estamos dando”. O rexedor daba as grazas a estes deportistas por levar o nome de Tui por todo o mundo con orgullo e con resultados que acompañan. Salientaba a importancia destas axudas e de seguir apoiando o deporte, cunha partida para este concepto que se incrementará en 2013. Afirmaba amais Moisés Rodríguez que estes resultados son froito do traballo diario e do sacrificio, apuntando que son “un exemplo para as novas xeracións”.
Sem comentários:
Enviar um comentário