O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, foi un dos principais convidados o pasado domingo 6 de xaneiro no programa “Somos Portugal” da Televisión Portuguesa TVI emitido en directo dende a cidade de Valença, para conmemorar a festas do Reis. Compartiu intervención co presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.
Foron seis horas de emisión dende a Eurocidade miñota. Xunto a diversas entrevistas a persoeiros de Valença e a Eurocidade, houbo tamén música e as habituais seccións de concursos deste programa televisivo, un dos máis populares no país veciño.
Para o alcalde de Tui, a participación neste programa, resultou sumamente positivo pois testemuña o traballo que desenvolve a eurocidade como é o caso da Cabalgata de Reis internacional que suscita o interese de numerosos medios de comunicación, como é este caso da TVI portuguesa ou da emisora radiofónica Onda Cero que informou para toda España deste evento festivo. Amais a participación neste programa é un magnifico escaparate publicitario da Eurocidade no mercado portugués.
Sem comentários:
Enviar um comentário