O Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes de Tui - ACITUI queren premiar as compras de Nadal que realizaron nos establecementos asociados dende o 20 de decembro ata o 10 de xaneiro, polo que sortearon hoxe 2.000€ en vales de compra para gastar nos establecementos asociados entre todos aqueles clientes que fixeron unha compra nestas datas ao abeiro desta campaña de promoción.
O sorteo se tivo lugar hoxe martes 15 de xaneiro sendo escollidos 10 premios de 100€, 10 premios de 50€ e 20 premios de 25€ participando representantes do Concello de Tui e da Asociación de Comerciantes tudense – Acitui.
Para o Concello de Tui estas campañas de promoción do comercio local, coas que colabora, son unha eficaz ferramenta para a difusión da oferta destes establecementos do comercio local que ofrece as importantes vantaxes da súa proximidade, atención personalizada e calidade. Esta colaboración municipal xorde dende o convencemento de que o comercio é un dos principais eixes da vida económica e social do noso Concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário