En días pasados o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Touris, visitaron a ponte recentemente rematada construída sobre a Vía de Altas Prestacións Tui – A Guarda ao seu paso pola parroquia de Areas e que garante a comunicación do barrio de Anta,
Ambos responsable comprobaron o remate desta obra que ten suposto un investimento cercano aos 500,000 euros e que da cumprimento ao compromiso asumido pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui para garantir o aos veciños de Areas o mínimo impacto na súa parroquia das obras de construcción deste vial.
Moisés Rodríguez Pérez amosou a súa satisfacción pola culminación desta obra que testemuña como os compromisos adquiridos polo goberno municipal tudense co apoio da Xunta de Galicia teñen o seu cumprimento, fronte a tantos que falaban de enganos e promesas incumpridas.
O rexedor tudense asegura que o impacto das obras nesta parroquia tudense ten sido compensado con importantes investimentos en obras como esta ponte ou as melloras realizadas en alumeado ou en asfaltados, canalizacións, etc en liña co que no seu día manifestou esta Alcaldía.
Sem comentários:
Enviar um comentário