sexta-feira, 25 de janeiro de 2013

O profesorado coordinador do proxecto ARCE mantén unha reunión de traballo en Tui


A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, xunto á concelleira de Servizos Sociais e Muller, Olga Montes, recibiu esta mañá na Área Panorámica aos profesores coordinadores do programa ARCE no que está a participar o CEIP nº2 de Tui xunto ao CEIP Nuestra Señora del Hortum Sancho del Casar de Escalona, o CEIP Méjico de Madrid e o Colexio Rafael Carballar de Higuera de la Sierra. 
Este grupo de profesores manteñen dende onte xoves e ata mañá sábado unha reunión de traballo para deseñar e coordinar as actividades que realizarán os alumnos de 6º durante o 2º e 3º trimestre do curso 2012-2013. Tamén abordan as dúas viaxes de convivencia previstas, a primeira en marzo a Madrid e Toledo, e a segunda no mes de maio a Tui onde o CEIP nº2 exercerá de anfitrión.
Na recepción desta mañá, Vanesa Rodríguez, deu á benvida ao profesorado coordinador do proxecto salientando o enriquecedor desta relación que se plantexa entre centros de distintos puntos de España. Aproveitou amais a edil para salientar o traballo que se realiza no marco da Eurocidade xunto con Valença do Minho.
O profesorado coordinador do proxecto ARCE visitou posteriormente o Teatro Municipal, e participou nunha visita guiada polo conxunto histórico.

Sem comentários:

Enviar um comentário