sexta-feira, 11 de janeiro de 2013

REMATAN AS OBRAS DE REMODELACIÓN DO MIRADOIRO DA RÚA CUENCA


Financiadas integramente polo Concello supuxeron un investimento de case 10.0000 euros
Finalizaron xa as obras de remodelación do miradoiro existente na rúa Cuenca, preto da súa confluencia coa Praza de Frómista.  As obras consistiron basicamente na colocación de pavimento neste espazo (ata agora era de terra sendo substituído por un pavimento de lousas de pedra dun espesor de 15 centímetros) e na recollida de pluviais. Esta intervención supuxo un investimento de 9.948,73 euros financiado con fondos municipais.
Con esta obra se procede a dignificación dun espazo urbano ata agora non aproveitado e que, lamentablemente, sufría nas fines de semana unha constante degradación. A vontade municipal é recuperar o seu carácter de miradoiro sobre o río Miño e a ribeira de Portugal, procedendo xunto a esta obra a solicitar a colaboración dos veciños na poda de arbores e arbustos que ata agora impiden a visión desde este lugar.
O Concello de Tui continúa con esta nova intervención avanzando no seu labor de conservación e promoción do conxunto histórico tudense, se hai uns días era a obra de mellora do acceso e contorno da Igrexa de San Domingos, limpeza de pintadas ou a reposición dos pináculos do adro da igrexa de San Telmo, agora outro recanto da zona monumental foi obxecto dunha obra de remodelación, testemuñando o compromiso municipal pola zona monumental pois con medidas como as devanditas mellora o seu aspecto e favorece a súa capacidade de atracción para os residentes e visitantes.

Sem comentários:

Enviar um comentário