terça-feira, 29 de janeiro de 2013

O CONCELLO DE TUI SE CONGRATULA POLO VISTO bo DA XUNTA DE GALICIA Á construciÓn dun cemiterio no lugar de foxo – CALDELAS


O obxecto deste uso nun solo rústico foi promovido pola Comunidade de Montes en man Común de Caldelas de Tui
Trátase dunha parcela de máis de 65.000 m2, no que se construirá un camposanto de 366 m2
Na resolución enviada aos promotores sinálase que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas deben ser acordes coa paisaxe rural e coas construción tradicionais do contorno
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de outorgar a construción dun cemiterio no lugar do Foxo, en San Martiño de Caldelas, no Concello de Tui. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo vén de remitir á Comunidade de montes en man común de Caldelas, promotora desta solicitude, a resolución pola que se informa favorablemente este uso en solo rústico.
O Concello de Tui se congratula por esta decisión da Xunta de Galicia que patentiza o traballo realizado polas autoridades municipais, en colaboración estreita coa Comunidade de Montes de Caldelas, diante das autoridades autonómicas para lograr esta autorización.
As obras e intervención consisten na construción dun cemiterio con nichos dotado de aseos, cuarto de persoal, local e zona verde exterior. A construción resólvese nun único volume central con todos os servizos do cemiterio e dúas alas laterais cos nichos e cuberta a dúas augas. A superficie total construída é de 366,59 metros² e nos planos de proxecto reflíctese unha zona de aparcamento.
Na resolución enviada pola Xunta tamén se aclara que as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.
O rexedor tudense, Moisés Rodíguez Pérez, agradece á colaboración atopada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a aprobación deste cemiterio que resolve unha importante necesidade desa parroquia e da cumprimento a un dos compromisos asumidos polo goberno municipal tudense cos veciños de Caldelas.

Sem comentários:

Enviar um comentário