O Concello de Tui anuncia a apertura do prazo de inscrición nos cursos preparatorios da proba de acreditación do certificado de lingua galega (CELGA) nos niveis 2, 3 e 4. As persoas interesadas en participar nestes cursos de preparación deben inscribirse no Centro de Formación do Concello de Tui, en Guillarei, ata o 23 de xaneiro, aportando o seu DNI.
O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:
Lingua e comunicación: funcións comunicativas
Lingua e sistema: coñecemento do código e Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.
Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar nunha única convocatoria anual. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal; a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.
Sem comentários:
Enviar um comentário