Por segundo ano consecutivo o Concello de Tui estará presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), unha das principais feiras de turismo do mundo, que se celebrará en Madrid dende hoxe 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2013.
Nesta edición a presentación da oferta turística de Tui terá lugar o xoves 31 de xaneiro no stand de Turismo “Rías Baixas” da Deputación Provincial de Pontevedra ás 11,30 horas da mañá.
Esta participación do Concello de Tui da continuidade á presentación realizada o pasado ano no stand de Turgalicia da oferta turística da Eurocidade Tui – Valença coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.
Este ano de novo pois o Concello de Tui estará presente neste certame que reúne anualmente en Madrid a mellor selección da oferta turística. Fitur é unha excepcional fiestra aberta a un numeroso público e profesionais que se achegan a esta feira para coñecer as diversas ofertas alí presentes.
Sem comentários:
Enviar um comentário