Os deportistas tudenses acadaron grandes resultados no Campionato de España de Remoergómetro que se disputou o pasado sábado na localidade de Amposta (Tarragona).
Polo Club Remo do Miño, Óscar Alonso proclamouse Campión de España na categoría peso absoluto masculino, Jorge André Carvalho, Campión de España na categoría peso lixeiro masculino, Bruno Martín e David Prada, acadaron o 5º e o 10º posto respectivamente na categoría peso absoluto masculino, así como Francisco Izquierdo (13º) e Yago Izquierdo (17º en peso lixeiro) e Alejandro Lomba 9º na categoría Sub23 masculino, e polas mulleres Uxia Saborido, 4º posto na categoría Sub23 feminino, e Lucia Saborido, 5º posto na categoría peso lixeiro feminino.
Do Club Remo Tui, Esmeralda Santos proclamouse Campiona de España na categoría peso lixeiro feminino, Nuria Domínguez, Subcampiona de España na categoría peso absoluto feminino, e Jesús Álvarez, Subcampión de España na categoría peso lixeiro masculino. Sergio Pérez obtivo o sexto posto en peso lixeiro masculino e Diego das Dores acadou o oitavo posto en xuvenil masculino.
No mundo do piragüismo, os padeeiros do Club Kayak Tudense participaron un ano máis na regata de Pas de Calais (Francia), onde acadaron bos resultados nesta regata de inicio de tempada.
Por outra banda, os deportistas tudenses, Gustavo Rodríguez e Aida Valiño, acadaron o primeiro posto na proba de Dúatlon Cross en Candeán, dentro do Circuíto Galego de Dúatlon Cross. De este modo, Gustavo Rodríguez, que gañou a anterior proba en Beariz, convértese no máximo favorito para gañar este circuíto.
Por último, as atletas do Club Atletismo Tui seguen acadando éxitos neste inicio do ano. Así, Uxía Pérez Bugarín proclamouse Campiona no Campionato Galego de Campo a Través disputado fai dous fins de semana en Santiago de Compostela. Aida Martínez e David Cruces tamén obtiveron bos resultados neste campionato. E no campionato galego de pista cuberta na categoría alevín, Lucía Portela e Cinthia Costas acadaron a terceira posición nas carreiras de 500 e 1000 metros. E obtiveron bos resultados Inés Portela e Elsa Pena.
O Concello de Tui felicita a todos os deportistas que participaron nestas competicións e de xeito especial aos galardoados. A súa participación testemuña o importante labor que no noso concello se realiza a prol do deporte.
Soy Jorge Andre Carvalho Correia del club remo do miño, y queria dar las gracias por divulgar estas noticias.És muy importante para nosotros "deportistas" que nos ayuden a enseñar a la gente los echos de los deportistas Tudenses através de estos medios.
ResponderEliminar