terça-feira, 29 de janeiro de 2013

A AULA DA UNED ORGANIZA UN CURSO SOBRE “COMO CREAR UNHA EMPRESA CON ÉXITO”


A Aula da Uned de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades de extensión universitaria, que ofrece para o vindeiro mes de febreiro un curso denominado “Como crear unha empresa con éxito” e que cunha duración de 21 horas lectivas desenvolvérase entre o 21 de febreiro e o 5 de abril.
Dominar os contidos e procedemientos básicos que permitan a posta en marcha dunha pequena empresa no marco da lexislación vixente resulta un tema de interese por canto a crise económica mundial e o aumento do paro levan, cada vez a máis persoas, a prantexarse crear a súa propia empresa, con iniciativas que poden resultar innovadoras e exitosas.
As pequenas empresas en Galicia son una fonte fundamental de potos de traballo e xeran espírito empresarial e innovación,polo que son vitais para promover a competitividade e o emprego.
Os interesados poden acceder á matriculación, que custa 50€, on-line a través da páxina da Aula Uned de Tui (http://www.unedpontevedra.com/tui) ou ebn dirixirse persoalmente á sede da Aula da Uned de Tui na rúa Antero Rubín (no antigo convento de San Domingos) en horario de tarde de lúns a venres (agás os martes).
O programa do curso comprende as seguintes actividades:
xoves 21 de febreiro
17:00-20:00 h. Formas Xurídicas
Ana Gómez Espiñeira 
xoves 28 de febreiro
17:00-20:00 h. Proceso para crear unha empresa
Ana Gómez Espiñeira 
venres 8 de marzo
17:00-20:00 h. Qué debo saber de contabilidade para montar a miña empresa
Belén Fernández- Feijoo Souto 
venres 15 de marzo
17:00-20:00 h. Requisitos fiscais para a empresa
Ignacio García Rivarés 
venres 22 de marzo
17:00-20:00 h. Dereito laboral: tipos de contratación, bonificacións
Lorena Rodríguez Amoedo 
venres 5 de abril
17:00-20:00 h. Marketing e publicidade
Irene Casaldáliga Bernárdez 
De inmediato se procederá á convocatoria doutras actividades de extensión universitaria como o novo curso de literatura creativa, un curso sobre intelixencia emocional, ou outro sobre como falar en público, etc.
Este ampla actividade amplía a oferta formativa que realiza a Aula da Uned tudense a través do primeiro curso do grado en psicoloxía ou o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos.

Sem comentários:

Enviar um comentário