Leva dende 2011 mediando entre as familias e a Xefatura Territorial de Educación
O actual patio cumpre os requirimentos legais establecidos
Diante das informacións que figuran en diversos medios sobre a problemática existente na escola infantil de Baldráns, integrada no CRA “Mestra Clara Torres” de Tui, o Concello de Tui quere puntualizar o seguinte
1.- Afortunadamente neste ano esta Escola incrementou notablemente a súa matrícula contando na actualidade con 17 alumnos.
2.- Este Concello de Tui ven traballando xunto coas familias dese Centro e a Xefatura Territorial de Educación na ampliación do actual patio escolar dende o pasado ano 2011, reclamando xa daquela o uso educativo da totalidade do terreo anexo á escola.
3.- Cabe lembrar que as competencias nesta materia non corresponden ao Concello de Tui senón que tanto o inmoble como o terreo da casa anexa á escola, ocupada pola mestra titular desta escola, están cedidas á Consellería de Educación, e por tanto aínda que son de titularidade municipal non lle compete a súa xestión.
4.- O terreo que reclaman agora as familias presenta dificultades para o seu uso escolar pois a existencia dun pozo, dunha rampla e doutros elementos impide na actualidade o seu aproveitamento como zona de xogos infantís.
5.- A actual zona de patio escolar cumpre axeitadamente as “ratios” establecidas pola lexislación vixente para estas finalidade, polo que non resulta imprescindible a súa ampliación, por canto na actualidade de cumpren os parámetros requiridos.
6.- O Concello de Tui ten asumido un importante compromiso por lograr a maior calidade posible no ensino no noso municipio, traballando continuamente na mellora das instalacións e equipamentos destes centros na medida das súas posibilidades e competencias.
7.- Por tanto, diante da problemática suscitada neste centro educativo de Baldráns, este Concello asume unha función de mediación entre as familias deste centro e a Xefatura Territorial na procura dunha solución que satisfagas as demandas das familias e os procedementos legais establecidos sobre o usos das instalación escolares, que abrangue tamén as casas ocupadas polos mestres titulares como é este caso.
Sem comentários:
Enviar um comentário