Aula UNED de Tui organiza dende este venres,15 de Marzo, e ata o 28 de Xuño un curso de iniciación ao alemán, un dos idiomas máis demandados nos últimos meses. O curso ten unha carga lectiva de 30 horas e un prezo de matrícula de 50 Euros.
A Aula UNED de Tui impartirá por primeira vez un curso de iniciación ao alemán, que ten como obxectivo que o alumno desenvolva competencias e habilidades básicas na devandita lingua. O curso dará comezo o vindeiro venres 15 de Marzo e prolongarase ata o venres 28 de Xuño, cun total de 30 horas lectivas e un prezo de matrícula de 50 Euros.
A Desenvolver competencias e habilidades que permitan ao alumno comprender e utilizar expresións sinxelas e cotiás e desenvolverse en situacións básicas do día a día é o obxectivo do curso, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender alemán e que non posúan coñecementos previos na devandita lingua.
A importancia do coñecemento dun idioma estranxeiro unido ás posibilidades laborais do mercado xermano, dispararon a demanda do alemán nos últimos meses. Con este curso, preténdese que o alumno teña un dominio básico da lingua, tanto a nivel escrito como oral a través dunha metodoloxía principalmente comunicativa que pretende un coñecemento funcional e útil do idioma.
O curso desenvolverase presencialmente todos os venres de 18:30h a 20:30h nas instalacións da Aula UNED de Tui, situada na rúa Antero Rubín (antigo Convento de San Domingos). Todas aqueles que o desexen poderán formalizar a súa matrícula a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com) ou dirixíndose ao edificio da Aula UNED de Tui. O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto martes) de 4 a 8. O custo de matrícula é de 50 euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário