Durante unha hora –de 20:30 a 21:30 horas- o sábado 23 de marzo O Concello de Tui procederá ao apagado do alumeado da Catedral adheríndose así á campaña A Hora do Planeta 2013, promovida por WWF.
Con este acto simbólico, o Concello de Tui expresa o seu apoio á acción contra o cambio climático e contribúe a lanzar a mensaxe de que entre todos podemos evitar que o planeta aumente a súa temperatura ata un punto en que se produzan danos irreversibles para a natureza, a economía e a saúde.
A Hora do Planeta mobilizou en 2012 a máis de 7.000 cidades de 152 países. En España foron máis de 300 entidades as que no ano pasado apagaron as luces de oficinas e edificios emblemáticos como La Alhambra, La Sagrada Familia, La Torre Agbar, el Museo Guggenheim ou o Palacio Real de Madrid, converténdose todos eles nun gran escenario de celebración e homenaxe ao Planeta.
Neste año 2013, A Hora do Planeta da un paso máis e pídelle aos Concellos que se comprometan e asuman medidas para gañar en eficiencia enerxética. Así mesmo, invita a cidadáns, empresas e entidades a ser eficientes no uso da enerxía e promover as enerxías renovables.
O Concello de Tui se suma neste ano por vez primeira a esta iniciativa apagando as luces do principal e mais emblemático edificio da nosa cidade, a catedral de Santa María, entre as 20,30 e as 21,30 horas, para testemuñar o seu compromiso a prol do noso Planeta. Dende o Concello de Tui se anima aos cidadán a sumarse a esta iniciativa que pretende suscitar unha conciencia colectiva na defensa do noso planeta e do medio ambiente apagando a luz nesta hora entre as 20,30 e as 21.30 do vindeiro sábado, sumándose aos milleiros de persoas que en todo o mundo se suman a esta iniciativa.
WWW é unha das maiores e máis eficaces organizacións internacionais independentes dedicadas á conservación da natureza. WWF foi creada en 1961 e en España formouse en 1968.
Sem comentários:
Enviar um comentário