terça-feira, 19 de março de 2013

O vindeiro martes presentación do libro "La cruz del salvador" do Tudense Juan Manuel Valcárcel

 
A Sala Felix Rodríguez González do Concello de Tui acollerá o vindeiro martes 19 de marzo ás 20,00 horas a presentación da novela recentemente editada polo tudense Juan Manuel Valcárcel titulada “La cruz del Salvador” que está sendo moi favorablemente acollida polos lectores.
 O pintor Juan Manuel Valcárcel, nado en Tui e residente no concello de Boborás, emprende a súa primeira aventura como escritor, cunha excelente novela "La Cruz del Salvador", publicada pola recentemente creada editorial Guiverny.
 Corre o convulso século XVI. A ourensán comarca do Orcellón vive un momento de gran actividade polo frenético levantamento de igrexas e cenobios dentro da súa área de influencia. Asistimos así á reconstrucción, gracias á pericia dos famosos canteiros galegos e de mestres imaxineiros vidos de Francia, dun dos maiores mosteiros galegos: o templo cisterciense de Oseira.
  Nos episodios desta novela iranse alternando distintos períodos históricos que teñen o seu pivote no ano 1985, no cal dous personaxes, un home e unha muller, investigan a misteriosa desaparición dunha valiosa reliquia á que antigamente se lle atribuían poderes curativos e que era popularmente coñecida polo nome de a Cruz do Salvador. Juan Manuel Valcárcel non só sae airoso no seu debut no mundo literario, senón que consigue unha novela do máis recomendable.
 Este acto no que se contará coa presenza do autor está organizado pola Biblioteca Municipal tudense no seu programa de actividades de extensión bibliotecaria para achegar aos lectores as obras de creación realizadas por autores da nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário