A Asociación Naturalista “Baixo Miño” ANABAM organiza a exposición “Exponatur” coma “outro xeito de ver a natureza”. Trátase dunha mostra que terá carácter itinerante, iniciando o percorrido en Tui na Sala Municipal de Exposicións. A inauguración terá lugar mañá, sábado 2 de marzo, ás 18.30 horas na devandita Sala no Edificio Área Panorámica de Tui e a ela están invitadas todas aquelas persoas que queiran asistir e disfrutar doutro xeito de achegarse á natureza
En “Exponatur” podemos contemplar máis de 100 pezas relacionadas coa natureza, a maior parte procedentes do Baixo Miño galego-portugués. Anabam pretende con esta exposición, baseada nos moitos anos de actividade dos naturalistas na comarca, aproximar o patrimonio natural á poboación a través dunha exposición singular. Dioramas, maquetas, paneis interactivos, fotografías e mostras de materiais, conforman o mundo natural que se pode ver ata o 23 de marzo.
Ademais, nesta exposición estará presente tamén o CEIP de Caldelas (Tui) e o IES de Tomiño que quixeron sumarse á mesma aportando diverso material. Desde Anabam agradecen tamén a colaboración prestada polo establecemento Bolero de Tui e especialmente pólo proxecto Team Minho.
Para o Concello de Tui resulta unha grande satisfacción acoller esta excepcional mostra sobre a natureza na nosa comarca que contribuirá ao achegamento do público ao coñecemento e respecto do rico médio natural que existe no nosso território.
Sem comentários:
Enviar um comentário