O Concello de Tui promove unha viaxe á localidade de Frómista (Palencia) os días 13 e 14 de abril de 2013 co obxecto de afondar nos lazos de irmandade existentes entre estas dúas localidades unidas arredor da figura de San Pedro González Telmo. A delegación tudense participara nas populares festa do “San Telmillo” coas que rematan os festexos patronais en Frómista,
O programa previsto é o seguinte:
Sábado 13 de abril de 2013
07,00 h. (a confirmar): Saída dende Tui en autobús
12,00 h.: Benvida oficial
14,00 h.: Comida popular “Paellada” cos veciños de Frómista (a cargo do Ayuntamiento de Frómista)
Tarde: Visita guiada á Igrexa de San Martín, ao Museo Virtual “Vestigia, Leyenda del Camino” e Canal de Castilla.
Cea libre
23,00 h.: Verbena popular
Domingo 14 de abril de 2013
12:00 h. Santa Misa e cambio de Vítor acompañado polos Danzantes de Frómista
14,00 h.: Comida de irmandade
17,00 h.: Regreso a Tui
O prezo da viaxe é de 70 euros e abrangue o desprazamento, aloxamento en habitación dobre, seguro de viaxe e as comidas do sábado 13 e domingo 14 de abril.
Esta aberta a inscrición para participar nesta viaxe ata completar o aforo do autobús, de 55 prazas. Se fose o caso se establecerá unha lista de agarda de persoas interesadas en participar. Ábrese un prazo de inscrición dende o luns 18 de marzo ata completar o aforo do autobús. Cada persoa poderá realizar unicamente dúas inscricións, cun depósito de 25 euros por persoa. O resto do pago se efectuará na propia viaxe. Para facilitar as inscricións dos veciños interesados estas poden efectuarse na Biblioteca Municipal de Tui (edificio Área Panorámica) en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,30 horas de luns a venres e os sábados de 09,00 a 13,00 horas.
Para o alcalde de Tui esta viaxe era unha vella aspiración que pretende revitalizar o acordo de irmanamento existente entre Tui e Frómista e a alongada amistade que existe entre estas localidade e numerosos dos seus veciños.
Sem comentários:
Enviar um comentário