terça-feira, 26 de março de 2013

O VINDEIRO MARTES 2 DE ABRIL A BIBLIOTECA CELEBRA O DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


A Biblioteca Pública Municipal de Tui conmemorará a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil o vindeiro martes 2 de abril cun obradoiro e contacontos arredor das obras de Hans Christian Andersen. Esta actividade dirixida aos nenos entre 4 e 10 anos de idade comezará ás 18,00 horas da tarde.
Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais novos.
A Biblioteca Municipal súmase asi a esta festa coa realización dunha pequena escolma das últimas novidades recibidas na Biblioteca de libros para os nosos máis pequeno usuarios así como das obras de Hans Christian Andersen existentes no fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal. Se completan as actividades deste Día coa distribución entre os rapaces que acudan nesta xornada ao centro bibliotecario da mensaxe realizada en España pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil).
Con esta actividade a Biblioteca Municipal de Tui participa na celebración desta xornada e comeza a preparar a súas actividades do “Mes dos Libros que abrangueran un amplo abano de actividades dende o 23 de abril ata finais do mes de maio.
Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración destas actividades amosa o dinamismo deste centro bibliotecario que tenta ofertar actividades dirixidas aos diversos segmentos de idades, dende o convencemento de que a lectura amais de contribuír á formación integral das persoas é unha óptima ferramenta para o lecer dos nosos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário