segunda-feira, 25 de março de 2013

O LUNS 25 E O MERCORES 27 DE MARZO NOVOS CONCERTOS DO I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS


O vindeiro luns, día 25 de Marzo, celebrarase, na sala de Audicións do Conservatorio de Música Profesional de Tui, o segundo concerto do I Ciclo de Xoves Intérpretes, unha iniciativa deste centro docente do Concello de Tui que contou cunha favorable acollida.
Nesta ocasión os participantes serán Tania Quintas Fernández e Héctor  Lores Valladares, ámbolos dous pianistas, estudantes do Conservatorio de Tui. O repertorio a interpretar serán obras de autores coma: Beethoven, Haëndel  e  Albéniz.  O horario será as 21:00h e a entrada será gratuíta e limitada ata encher o aforo.
Aproveitando as datas de Semana Santa, engadimos un día máis(a parte dos xa sinalados dende un principio) a este I Ciclo de Concertos de Xovess Concertistas. Asi o mércores 27 de marzo celebrarase a partir das 20:30h. na Sala de Audicións do Conservatorio de Música Profesional de Tui o terceiro cncerto do Ciclo, neste caso a cargo das violinistas Sara e Raquel Areal Martínez, irmáns e estudiantes de violín. Coma sempre, a entrada será gratuíta ata encher o aforo da sala.
Este ciclo continuará con novas citas o luns 29 de abril e o luns 27 de maio no que participaran novos interpretes relacionados co Conservatorio Municipal de Tui e que testemuñan a vitalidade deste centro educativo do Concello de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário