O próximo luns 18 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, e o martes 19, de 10.30 a 12.30 horas, a Selección Española Xuvenil Feminina de Balonmán realizará, no novo pavillón municipal de deportes de Tui, dúas sesións de adestramento, como preparación para a fase clasificatoria do Campionato de Europa de Polonia 2013, que se disputará na localidade pontevedresa de Porriño, durante os días 22, 23 e 24 de marzo.
As xogadoras dirixidas por Patricia I. Sosa e Alfredo Rodríguez enfrontaranse nesta fase clasificatoria ás seleccións de Italia, Bulgaria e Suecia no seu camiño cara o Campionato de Europa de Polonia no próximo verán.
Para o Concello de Tui a presenza deste grupo do combinado nacional é unha satisfacción por canto expresa o alto nivel dos equipamentos deportivos que posúe o noso municipio ao servizo dos seus cidadáns.
Sem comentários:
Enviar um comentário