A lectura do pregón dará inicio de forma oficial este sábado ás Festas na honra a San Telmo. O acto solemne celebrarse no Teatro Municipal a partir das sete da tarde. O pregoeiro deste ano é o médico tudense Rosendo Bugarín.
Rosendo Bugarín é licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Sanidade e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, así como especialista Universitario en Urxencias. Durante máis de 15 anos traballou no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo.
Previamente á lectura do pregón terá lugar a coroación das raíñas e das damas das festas. A raíña xuvenil das festas é Sara González Rodríguez que estará acompañada por Uxía Ribeiro Pumar e Paula Somoza Candelo como damas de honra. Mentres a raíña infantil é Jenifer Ferreira Álvaro, e as súas damas son Nuria Romero Gómez e Lara Feijoo Pérez.
No acto vai actuar a Banda de Gaitas de Pexegueiro.
Festival Folclórico Festas de San Telmo
Por outra parte o domingo ás 18.00h no Teatro Municipal de Tui celébrarase o “Festival Folclórico San Telmo 2013” coa participación dos grupos folclóricos “San Fins” de Rebordáns, “Santa Columba” de Ribadelouro, “Seixos Albos” de Areas, “San Xoán” de Paramos, “Inquendanzas” de Pazos de Reis, “O Mosteiro” de Pexegueiro e “Xuntanza” de Randufe. Entrada é libre.
Sem comentários:
Enviar um comentário