O Concello de Tui informa que neste ano 2013 é posible fraccionar o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) en dous prazos ao abeiro do calendario fiscal aprobado polo Consello Reitor do ORAL. O primeiro prazo sería cargado o 1 de agosto e o segundo prazo o 1 de outubro de 2013. O prazo para solicitar este fraccionamento remata o 31 de marzo de 2013.
Para poder acceder a este fraccionamento do pago cómpre presentar a correspondente solicitude na oficina do Oral situada na rúa Coruña da nosa cidade. Nesta solicitude debe figurar: nome e apelidos, enderezo, DNI asi como a referencia catastral do inmoble para cuxo recibo se solicita o fraccionamento, e finalmente a conta bancaria onde efectuar a domiciliación destes dous prazos, pois unicamente se admite este fraccionamento no caso dos recibos con domiciliación bancaria.
Para o concelleiro de facenda do Concello de Tui, Marcelino Cendón, esta medida pretende facilitar o pago dos impostos por parte dos veciños especialmente nestes tempos de crise e dificultades económicas en moitos fogares.
Sem comentários:
Enviar um comentário