quinta-feira, 7 de março de 2013

O CONCELLO DE TUI CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CO REPARTO DE PULSEIRAS POLA IGUALDADE


O Concello de Tui, a través do seu  departamento de Servizos Sociais e Muller celebra o Día Internacional da Muller co reparto dunhas pulseiras pola igualdade, e nas que figura un logo moi especial para este departamento municipal, un debuxo que representa a unha muller e que acompaña dende o ano 2002 en todas as súas campañas. As pulseiras poderanse conseguir de xeito gratuíto nos diferentes comercios de Tui, grazas á colaboración da Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui,ACITUI.
Dende o departamento de Servicios Sociais e Muller do Concello de Tui se traballa con intensidade no tema  da igualdade, con especial incidencia na poboación escolar. Así cos alumnos da ESO dos centros educativos tudense desenvolveuse unha campaña a través de obradoiros titulada “Nin bombeiros nin enfermeiras”, cuxo obxectivo  é explorar os conceptos de sexo e xénero.Para iso utilizáronse dinámicas que fixeron aos participantes reflexionar sobre os estereotipos e roles de xénero que se nos impón socialmente ademais de preparar ao alumnado non só para ó mundo laboral, senón tamén para o mundo privado, relacional e familiar, formando suxeitos con proxectos vitais non mutilados polos prexuízos e estereotipos sexistas e de xénero. 
Cómpre non esquecer o traballo directo que desenvolve o Departamento de Servizos Sociais ao longo de todo o ano coas mulleres vítimas de violencia de xénero e que este ano contou coa colaboración dos técnicos do CEDIM.
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres obreiras do téxtil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban. No ano 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras, celebrada en Copenhague, máis de 100 mulleres aprobaron declarar o día 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente o celebramos como Día Internacional da Muller.
 Lembrar a aquelas mulleres que necesitan axuda tanto a nivel económico como a nivel social ou psicolóxico que poden acudir ao Departamento de Servizos Sociais e Muller do Concello de Tui, este departamento está todo o ano en funcionamento. 

Sem comentários:

Enviar um comentário