A Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza de San Fernando –diante da Catedral tudense- dende o pasado mes de xullo reabre hoxe as súas portas para atención ao público e especialmente aos visitantes e peregrinos que se achegan ata a nosa cidade. O horario de apertura é de martes a domingo de 10.00 a 13.00 e 16.30 a 19.45 horas.
Esta oficina estará atendida por unha diplomada en Turismo que foi contratada gracias a unha bolsa para titulados promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O pasado ano 2012 esta Oficina acolleu un total de 39.271 visitas nos oito meses de funcionamento (de abril a decembro) destas 29.605 consultas foron realizadas por españois, e 8.666 por visitantes estranxeiros. O número de peregrinos tamén foi moi significativo acadando as 5.945 consultas. Estes datos supuxeron un importante aumento do turismo con respecto ao ano 2011, en concreto máis dun 17% de incremento, debido tanto ao aumento do número de visitantes á nosa cidade como pola nova ubicación desta Oficina, no centro do conxunto histórico e ao carón da Catedral, na Praza de San Fernando.
Sem comentários:
Enviar um comentário