Adíase unhas semanas para favorecer mais participación
A convocatoria realizada polo Concello de Tui para celebrar este domingo un mercado de produtos de tempada, recuperando o nome de “Mercado da verdura” queda aprazado ao contar cun reducido número de inscricións non así de consultas sobre as condicións de participación.
Trátase dun adiamento temporal e na vindeira semana será fixada unha nova data para a súa celebración na procura dunha mais ampla participación nesta actividade que ten como obxectivo a dinamización social e comercial do conxunto histórico tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário