O Concello de Tui ven apoiando ao Club Kayak Tudense, así como ao resto dos clubs do noso concello, ao máximo das súas posibilidades económicas e institucionais nestes últimos anos.
Tras as declaracións vertidas aos medios de comunicación polo ex-presidente do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, no que dicía que “dende a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui non se nos valora. As subvencións son ridículas e así non se pode apostar polo deporte. Ni nas competicións ni na base, que é o futuro”, o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, mantivo esta maña unha xuntanza co presidente e a Xunta Directiva do Club Kayak para expresar de forma inequívoca o apoio municipal a esta entidade sen animo algún de polémicas estériles.
Con todo, para o coñecemento da opinión pública cómpre informar, nos mesmos termos que os expresado da devandita xuntanza, da actuación desenvolvida neste tema polo Concello de Tui. Dende hai dous anos, que é o tempo que leva o actual equipo de goberno, a Concellería de Deportes anunciou, que o apoio ao Club Kayak Tudense, non só o mellor club do noso concello, senón o mellor club de Pontevedra e de España no mundo do piragüismo, ía ser máximo dentro das súas posibilidades.
De feito, nos primeiros presupostos da Concellería de Deportes no ano 2012, o importe da subvención ao Club Kayak Tudense veuse incrementada de 8.500€ a 12.000€. Este importe é o 20% do importe total das subvencións aos 13 clubs deportivos, sendo o club que maior achega económica recibiu de tódolos clubs rexistrados no noso concello.
Pero o Club Kayak Tudense non só veu incrementada esta subvención deportiva, senón que na organización do Descenso Internacional do Miño, na que o club tudense é o organizador xunto co Concello, ese mesmo ano aumentouse dende os 5.000€ ata os 7.000€. Cabe lembrar que, cando o Descenso corría risco de desaparecer, o apoio do Concello foi máximo, recuperando o descenso popular e convertendo á Festa do Miño na actividade estrela do verán na nosa cidade.
“Alguén pensará que non son cantidades moi elevadas para un club que leva sendo o mellor club de España dende hai moitos anos, pero dadas as circunstancias económicas reinantes, e dadas as posibilidades económicas do Concello de Tui, é imposible poder elevar máis esas cantidades”, engade o concelleiro Lorenzo Montes.
Pero o apoio non só é económico, dado que o Club Kayak Tudense dispón das instalacións do Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez”, para os seus adestramentos, polas que o club non ten gasto algún, ao igual que o resto de clubs tudenses que utilizan as instalacións deportivas municipais.
Subvencións, instalacións, e tamén apoio na organización de eventos deportivos. Cabe lembrar que amais da organización do Descenso Internacional do Miño, en agosto de 2012 organizouse un dos mellores Campionatos de España de Maratón da historia, no que o Concello de Tui correu coa maioría dos gastos da organización, sen poñer ningún impedimento ás necesidades organizativas, o que fixo que a Federación Española de Piragüismo se sentira orgullosa da organización por parte do club tudense e do Concello.
Institucionalmente, a disposición do actual concelleiro de Deportes para acompañar aos directivos dos clubs tudenses ás reunións coa Deputación de Pontevedra e coa Secretaría Xeral para o Deporte é máxima. E seguirá séndoo, no caso do Club Kayak Tudense, co novo presidente José Luís “Sito” García. Neste sentido, o concelleiro comprometeuse a xestionar diante doutras administracións a percepción das axudas comprometidas.
O apoio do Concello de Tui a través da Concellería de Deportes aos deportistas tudenses é un dos obxectivos principais e no ano 2012 veuse reflectido nas numerosas recepcións e homenaxes aos padeeiros tudenses, e tamén na creación das becas aos deportistas tudenses de alto nivel. Nese ano 2012, o presuposto do Concello nestas bolsas foi de 10.000€, dos cales, 5.700€ foron para padeeiros do Club Kayak Tudense. E para este ano 2013, pendentes de aprobar os presupostos, a cantidade verase incrementada ata 12.000€.
Nicolás Lorenzo sinala que o Club Kaiak merece isto e máis, así como os outros deportistas e entidades tudenses que co seu esforzo levan o nome da cidade por tantos lugares, pero as posibilidades económicas do Concello son limitadas e “estamos realizado un gran esforzo no apoio ao deporte tudense, incrementando substancialmente a aportación económica municipal como que queda patentizado no anteriormente referido. A crise actual nos obriga a todos a un esforzo e este Concello de Tui o fixo no ano 2012 e continuará facéndoo neste 2013”.
Sem comentários:
Enviar um comentário