quinta-feira, 1 de outubro de 2015

Este sábado terá lugar unha nova edición do Festival de Playbacks no Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado 3 de outubro, a partir das 18.30h, o Festival de Playbacks, organizado pola Concellería de Cultura de Tui coa participación de nove grupo das distintas parroquias tudenses. 
Pequenos e maiores achegarán as súas interpretacións de temas de Bruno Mars, Lady Gaga, Katy Perry, Taylor Swift ou David Guetta, entre outros. Participarán os grupos de playbacks O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Val de Flores de Baldráns, A Insua de Caldelas, Lembranzas da Terra de Guillarei e o grupo Santiago de Malvas. 
A entrada para acceder ó Teatro Municipal é libre ata completar o aforamento.

Sem comentários:

Enviar um comentário