O Concello de Tui comunica que desde o día 1 de outubro, a oficina de Atención ó Consumidor estará ubicada na planta baixa do Consistorio.
Concretamente o departamento de Atención ó Consumidor estará nas oficinas onde se localizan os servizos de Educación Familiar e Drogodependencias, e será atendido polo persoal adscrito a eses servizos.
O departamento de Atención ó Consumidor atende as dúbidas, queixas e reclamacións dos veciños do concello referidas a temas de consumo.
Sem comentários:
Enviar um comentário