Área situada no alto do monte das Penizas, onde tamén se celebran, na explanada que ocupa a parte máis alta,
diferentes actividades, como festas gastronómicas, musicais etc. Tamén hai un Paintball.
É curioso o arborado desta Área, formado principalmente por frutais, como cereixeiras, nispereiros, ameixeiras,
figueiras, loureiros, laranxos e o arborado forestal e de carballos e robles americanos entre outros.
As vistas panorámicas cara ao o río Miño e á Veiga do Louro, con Tui de fondo, son o mais agradecido deste lugar.
Concello: Tui
Parroquia: Paramos
Lugar: Monte das Penizas
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 532119 Y 4657640
Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restricións)
- Fonte de auga potable
- Bancos e mesas
- Asadores
- Cafetería
- Campo fútbol
Acceso: Coche: Si Autobús : Si
in ANABAM
Sem comentários:
Enviar um comentário