O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui leva a cabo distintas actividades co gallo do Día mundial da loita contra a SIDA que se celebra hoxe 1 de decembro.
Por unha banda achegarán información sobre esta enfermidade ao través dunha pancarta colocada na fachada da Área Panorámica. A isto súmase a realización nos institutos da cidade de obradoiros para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.
Amais o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos locais de ocio de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade. Todosaqueles establecementos que queiran ter este material informativo poderá solicitalo nos Servizos Sociais do Concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário