A Policía Local de Tui súmase dende o luns, 18 de abril, e ata este domingo, 24 de abril, á Campaña Especial sobre Vixilancia e control da velocidade, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, que nestas datas realiza a Dirección Xeral de Tráfico. Lembran a importancia de respectar a velocidade máxima establecida en cada vía. A campaña realízase de forma simultánea en máis de 25 países a través da Organización Internacional de Policías de Tráfico (TISPOL).
in Infomiño
Sem comentários:
Enviar um comentário