O Concello de Tui, a través da concellería de Patrimonio, convoca aos veciños do Conxunto Histórico a unha reunión informativa que se celebrará este sábado, 9 de abril, ás 19.30h na Aula da UNED no antigo convento de Santo Domingo.
O obxectivo da reunión é dar conta aos veciños do traballo que se está a realizar dende a concellería de Patrimonio en temas coma a tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico ou o proxecto de peonalización da zona. Este encontro servirá para coñecer o parecer dos veciños e ao tempo escoitar as súas necesidades e inquedanzas.
Sem comentários:
Enviar um comentário