sábado, 30 de abril de 2016

The Turre´s Band en Tui

The Turre´s Band é un grupo galego nado na primavera do 2001 en Torroso. Cunha formación composta por ventos e percusións, The Turre´s Band propón un innovador repertorio musical cheo de ritmos, coma o ska, swing, blues, musica balkánica e mesmo música galega
Durante estes 15 anos de historia o grupo tocou nas maís importantes salas de concertos do país e actuou en varios festivais galegos coma o “Reperkusion”, “Con V de Valarés”, “Festa do Muíño”, “Festival de títeres internacional de Redondela”, “Festival de Cans”, “Rebumbio”… tamén participou fóra da nosa comunidade en Cataluña no “Festival Intercultural de Calaf” ou no “FeMuKa” de Segovia.
Tamén destaca a súa actuación nos actos conmemorativos no 800 aniversario da cidade de A Coruña ou como telonera de “Muchachito Bombo Infierno”
No aparto discográfico o grupo ten actualmente no mercado, ademais dunha colaboración nun disco das Cantareiras “Malvela” de mos, dous albumes musicais: “Algho Hai!”(2006) e “ A Ultima Verbena”(2010). Neste ultimo traballo o grupo ten colaboracións de importantes compositores e artistas galegos coma Ernesto Campos, Juan Eiras ou Laura Quintillán entre outros moitos.
Donas e cabaleiros prepárense para movelo cú o ritmo destes delincuentes chamadoooooos…
THE TURRE´S BAND!!!
socios/as beta 2,5€
betuneiros/as de balde

Sem comentários:

Enviar um comentário