Comezaron a executarse os traballos de construción da senda peonil á beira do río Miño entre o Centro Interfederado, na rúa Olímpicos Tudenses, e a vella Ponte Internacional. Este proxecto está sendo realizado pola Dirección Provincial de Costas, cun orzamento de 70 mil euros. Dende o Concello de Tui solicitárase a este departamento esta actuación tendo en conta o estado de deterioro que presentada este traxecto, situado na entrada do Camiño Portugués a Santiago na cidade.
O río Miño xunto aos seus afluentes son unhas das grandes potencialidades que ten o municipio de Tui en moi diversos ámbitos. Por este motivo dende o goberno municipal faise unha aposta clara pola realización de sendas peonís á beira do Miño e doutros ríos, que porán en valor esta riqueza natural e patrimonial e servirán coma elementos de dinamización turística e económica. Nese senso amais da senda que esta semana comezou a executarse están previstas outras actuacións. No Concello na actualidade estanse a redactar os proxectos das sendas do Miño entre Tui e Salvaterra, que suporá un investimento cercano ao millón de euros, e de Tui a Tomiño, con preto de 200 mil euros de orzamento. Amais foi presentado a fondos POPTEC o proxecto para a realización da senda do río Tripes cun orzamento de 500 mil euros.
Sem comentários:
Enviar um comentário