segunda-feira, 11 de abril de 2016

O Concello de Tui convoca o proceso para a contratación temporal de sete persoas

Trátase de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e  un guía turístico.
 O Concello de Tui ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación de sete persoas. En concreto procederase á contratación de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e  un guía turístico,
Os 4 auxiliares de policía local serán contratados por período de  4 meses, o operario de mantemento electricista que será contratado durante un período de 6 meses, e 12 meses de duración terá o contrato do encargado de redes e aplicacións informáticas . Os interesados en acceder a estes procesos selectivos teñen ata o próximo xoves, 14 de abril, para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada na casa do concello.
Mentres o guía turístico será contratado a tempo parcial por un período de 6 meses. Neste caso o prazo para a presentación de solicitudes remata mañá xoves 8 de abril.
As bases completas destas convocatorias poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui ou na web www.concellotui.org. As instancias poden presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário