45 filmes en proxección, concertos, debates, master class... ata o domingo 17
“Hoxe Tui convértese na capital da creatividade da nosa realidade que é o cine documental” así o afirmou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, no seu discurso durante o ano de inauguración de Play-Doc, onte mércores 13 de abril. Aludiu á dimensión internacional do festival nunha cidade con vocación transfronteiriza. Enrique Cabaleiro sinalou que é un inmenso orgullo contar en Tui con este festival, agradecendo aos directores do festival “facernos disfrutar dun evento destas características”.
Sara García, directora do festival xunto a Ángel Sánchez, deu a benvida explicando que tras moitos meses de intenso traballo comeza “unha edición da que estamos moi orgullosos” na que presentan auténticas xoias inéditas no país, coa música coma gran protagonista indiscutible, e coa identidade coma fío condutor. Comeza así unha cita co cine que convida a gozar pero tamén a reflexionar, dicía.
O director da AGADIC, Jacobo Sutil, referiuse a Play-Doc coma “un evento relevante e influínte para a nosa cultura e para o sector”. Avanzou que onte mesmo se fixo pública a concesión de axudas a festivais nas que Play-Doc figura nun lugar destacado. Concluíu salientando que “o Play-Doc é líder e digno compañeiro de viaxe do momento creativo da produción de non ficción en Galicia”.
O deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, sinalou que esta é a edición “máis internacional, máis ambiciosa e a confirmación de que algo importante se move na provincia”. Fixo un repaso aos fitos cinematográficos na provincia de Pontevedra e sinalou que Tui foi a terceira cidade galega en representar imaxes cinematográficas. Rematou referíndose a Play-Doc coma unha cita cultural fundamental para a provincia, desexándolle longa vida e boa saúde.
Amaia Baltar, representante de Gas Natural deu conta da aposta polos festivais de cinema a nivel nacional que fai a súa empresa, aí coma polo cine e o sector audiovisual. Desexou que “Play-Doc sexa un novo éxito e siga sumando cando menos 12 anos máis”.
O festival prosegue esta tarde con novas proxeccións a partir das 17.30h tanto na Sala 1(Teatro Municipal) coma na Sala 2 (Sala de Exposicións) na Área Panorámica. As entradas póñense á venda media hora antes da cada proxección ao prezo de 2€.
Sem comentários:
Enviar um comentário