Está organizado polo Conservatorio de Música Profesional de Tui
Hoxe luns, 18 de abril, continua o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui que comezou no mes de marzo.
A sala de audicións do Conservatorio acollerá o luns ás 20.30h o concerto de Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. A entrada é gratuíta.
O seguinte concerto do ciclo será o luns 25 de abril cando actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.
Sem comentários:
Enviar um comentário