Celebrarase martes e xoves ata finais de xuño
O martes 3 de maio comezará a impartirse en Tui un curso de Monitor de Fútbol Base organizado pola Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Tui. Impartirase os martes e xoves de 19.30h a 23h ata finais do mes de xuño, aínda que este horario poderíase modificar en función das preferencias do grupo. No mesmo poden participar todos os interesados, a partir dos 16 anos, para o que se deben inscribir na páxina da Federación Galega no apartado de Adestradores, na sección Escola. (Inscrición) . O prezo do curso é de 150€.
Esta semana na presentación desta actividade formativa Laureano Alonso, concelleiro de Deportes, salientaba o interese deste curso para os clubs de Tui e da comarca. O director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera destacou o éxito do anterior curso celebrado en Tui, e apuntaba que se está creando o caldo de cultivo para que en 2017 se poida convocar esta zona coma UEFA B.
José Luís Mosquera, responsable da escola na área de Vigo, explicou que o curso celebrará durante 2 meses e medio en Tui, con profesorado especializado e con moita experiencia no fútbol base.
Sem comentários:
Enviar um comentário