quarta-feira, 20 de abril de 2016

RELÁNZASE O PROXECTO NACIONALISTA EN TUI ESTE XOVES A TRAVÉS DUNHA ASEMBLEA ABERTA

Convocamos un primeiro ENCONTRO ABERTO que terá lugar o vindeiro xoves 21 de abril ás 20:30h na Sala Félix (traseira Área Panorámica).
O Proceso Adiante nace do acordo da XV Asemblea Nacional do BNG de iniciar un proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Pretende incorporar homes e mulleres que, sen militaren na organización, comparten connosco a necesidade de que exista na Galiza unha expresión política propia nacionalista.
O fin último deste proceso é o de reactivar, reactualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista na Galiza mediante un proceso de debate diferente a calquera outro realizado con anterioridade, tanto pola metodoloxía a empregar como polo alcance do seu contido.
O Proceso Adiante ten que valer para lle ofrecer á sociedade galega un proxecto político, reactualizado nas súas análises, con maior capacidade de incidencia social real e vontade e capacidade de gañar para transformar positivamente este país e facer avanzar a Galiza cara á súa soberanía.
Para poñer en marcha o Proceso ADIANTE en Tui, convocamos un primeiro ENCONTRO ABERTO que terá lugar o vindeiro xoves 21 de abril ás 20:30h na Sala Félix (traseira Área Panorámica).
in Infomiño

Sem comentários:

Enviar um comentário