A Xunta realizará a transferencia de 3.641.526€ que ía investir este ano na comarca para o Morrazo
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vén de amosar a súa preocupación tras coñecer que a Xunta de Galicia vai destinar os 3.641.526€ previstos para este ano para o Tramo I da VAC Tui-A Guarda ao desdobramento do Corredor do Morrazo. En concreto trátase dunha transferencia do Fondo de Compensación Interterritorial de 2016 en materia de “Autoestradas, autovías e estradas” de tal xeito que os 3.641.526 € que aparecían inicialmente destinados ao Tramo I da VAC Tui-A Guarda irán para o desdobramento do Corredor do Morrazo.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que esta noticia supón un ninguneo da Xunta “non só ao Concello de Tui senón a toda unha comarca” tendo en conta as graves consecuencias que terá non rematar esta infraestruturas para o sector produtivo do Baixo Miño que precisa mellorar as súa rede viaria. Sinala que a VAC Tui-A Guarda leva xa anos de retraso e no caso concreto de Tui afectará amais ao enlace directo co Parque Empresarial de Areas, unha das bases importantes do tecido produtivo local. Para Enrique Cabaleiro isto supón un “ninguneo inaceptable” polo que estudará cos seus homólogos da comarca levar a cabo algún tipo de acción en defensa dos sectores produtivos vitais para o desenvolvemento da comarca e do concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário