Celebrarase o sábado 23 de abril, Día do Libro, en dúas quendas en función da idade dos nenos
Abriu o prazo de inscrición para a actividade “A lingua de signos nas túas mans con Iria e María” que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Tui o sábado 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro. Correrá a cargo de Iria Márquez, intérprete de lingua de signos, e Maria Campo, educadora infantil.
Esta actividade combinará contos clásicos interpretados ao tempo el lingua de signos. Ao remate dos nenos asistentes aprenderán tamén algúns signos relacionados co conto. O obxectivo é que cunha actividade tan divertida coma contar un conto se consigan tamén outros obxectivos coma a atención á diversidade e a adquisición de valores sociais nos nenos.
Haberá dúas sesións, a primeira de 17 a 18h para nenos de 3 a 7 anos, e a segunda de 18.30ha 19.30h para nenos de 7 a 12 anos. O número de prazas ofertado para cada grupo é de 25. Os interesados pódense inscribir dende mañá na propia Biblioteca, en horario de 9.30h a 13.30h e de 16 a 19h, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.
Sem comentários:
Enviar um comentário