segunda-feira, 18 de abril de 2016

Ata o 22 de abril está aberto o prazo para presentar as solicitudes para participar XX Feira de Artesanía

O número de participantes estará condicionado ao espazo dispoñible na Ordóñez, e nas prazas do Concello e de San Fernando.
 O Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar na XX Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade o sábado 30 de abril e o domingo 1 de maio, de 12 a 22h.  Esta actividade é organizada este ano pola concellería de Turismo co obxectivo promover e difundir a actividade artesá e a restauración, así coma para apoiar a comercialización dos seus produtos. Tamén se persegue a dinamización do conxunto histórico de Tui, do centro comercial aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.   
Os postos de venda situaranse na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e de San Fernando. Habilitarase amais unha zona para a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.
Os artesáns interesados en participar deben cubrir o impreso de solicitude e envialo, xunto a unha breve descrición do material a expor, e o D.N.I. ao departamento de Turismo antes do 22 de abril.  Este ano o número de participantes virá determinando polo espazo dispoñible, coa salvidade de que nunca un artesán de Tui quedará fóra da convocatoria.  Para participar cada artesán fará entrega de 10 quilos de alimentos no momento da montaxe do posto, que serán doados a SOS Tomiño-Baixo Miño. As bases de participación e o impreso de solicitude pode obterse no casa do concello ou na web www.concellotui.org.

Sem comentários:

Enviar um comentário