Este xoves, 2 de xuño, ás 20h a Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá unha reunión informativa sobre o Programa Leader Galicia 2014 – 2020 e a Estratexia Local Participativa que está a elaborar a Asociación de Desenvolvemento Rural Maiv – Baixo Miño da que forma parte o Concello de Tui.
Trala publicación no DOGA, o pasado 2 de marzo, das bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, trabállase agora na elaboración desta estratexia. Neste proceso é fundamental a participación activa das comunidades locais no seu deseño, que supoña un fluxo de información e unha influencia real no proceso de toma de decisións. A participación está aberta a todos os sectores públicos e privados do territorio, incluíndo a todos os colectivos que queiran participar.
Por este motivo dende o Concello de Tui convídase a asociacións, comunidades de montes, empresas e particulares a acudir á reunión deste xoves en Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário