Esta fin de semana, hai dobre cita no Teatro Municipal de Tui. Deste xeito, este venres representarase a comedia teatral Perplexo e ó día seguinte, ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra, de Santiago de Compostela.
Mamá Cabra é un dos grupos musicais pioneiros na creación de espectáculos para a infancia. Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e reflexionar.
Para celebralo, Mamá Cabra preséntase renovada e cargada de enerxía, e está preparándose para un ano cheo de sorpresas. 15 Primaveras trátase da súa particular homenaxe ó seu percorrido. Despois de ler o poema do "Timoteo" do libro "Rimas con letras", Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión, encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se converterá en Mamá, a Mamá Cabra.
Gloria acompañada de moitos artistas apaixonados medran ó carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ó longo destes anos quedaron nas nosas memorias. Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo no que fará un percorrido pola historia do grupo e da súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "Concerto-Teatro" no que se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
As entradas pódense mercar a 4€ e 3€ dende as 17:30h ata as 19:00h no despacho de billetes o mesmo día da representación, ou dende a semana antes na páxina web http://www.culturatui.info/. Unha vez iniciada a función non se permitirá o acceso ó Teatro.
A Axenda Corredoira pode consultarse ó completo premendo neste enlace http://es.calameo.com/books/002234736e2bcd
Sem comentários:
Enviar um comentário