O alcalde de Tui Enrique Cabaleiro solicitará a través do grupo parlamentario socialista no Parlamento galego a modificación ou rectificación dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016. O rexedor tudense considera que estes orzamentos marxinan a Tui o non contemplar investimentos que considera básicos.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, compareceu en rolda de prensa acompañado da deputada socialista Carmen Gallego, para reclamar a Xunta unha maior atención ó Concello de Tui nos orzamentos autonómicos para o próximo ano. Asegura o alcalde de Tui que unha vez coñecidas e estudadas con detalle as contas da Xunta para o 2016, non recollen investimento algún no Concello de Tui e deixan fora un exercicio mais unha serie de investimentos da gran importancia para este concello, e que polo tanto perxudican gravemente os intereses dos veciños de Tui.
Así Enrique Cabaleiro demandará que se consignen fondos para unha serie de investimentos e obras que detallaba na súa comparecencia. No ámbito dos servicios sociais demanda a construción dun Centro de Día para o que xa se ofertaron distintas ubicacións a consellería, en opinión do rexedor, este Centro de Día debería estar especializado en enfermos de Alzheimer. Ademais tamén considera prioritario un novo edificio dos Xulgados, xa que as instalacións actuais son indignas para acoller as sedes xudiciais, en especial o Xulgado Número 3, que non posúe unhas mínimas condicións nas súas instalacións, este novo edificio é segundo o alcalde unha vella demanda dos veciños de Tui.
O investimento no remate do tramo 1 da VAC Tui-A Guarda e mais concretamente o acceso directo o Polígono Industrial de Areas, e para Enrique Cabaleiro, unha necesidade imperiosa que a Xunta debería atender de xeito inmediato, pois nese polígono sitúanse empresas tecnolóxicas punteiras que precisan de boas comunicacións, ademais de representar ese polígono unha importante fonte de postos de traballo para Tui, este acceso xa fora comprometido no seu día polo entón conselleiro Agustín Hernández, sin. que ata o de agora se acometera a súa construción, aínda que si se consignaran partidas en orzamentos anteriores.
Continuando con investimentos en infraestruturas o alcalde tudense reclamou tamén a rotonda da EDAR de Guillarei, obra comprometida cando fora inaugurada a depuradora, e que segue sen levarse a cabo , tampouco aparecen fondos nos orzamentos do próximo ano. Xunto con esta rotonda tamén reclama outra na estrada da Guarda, a altura e Areas na estrada que vai cara Tomiño, esta rotonda evitaría un cruce perigoso nun tramo con gran densidade de tráfico.
Chamaba a atención ademais na urxente necesidade da construción dun novo colexio en Pazos de Reis, que veña a substituír o actual, que ademais de ter xa mais de cincuenta anos, non conta coas instalacións, ni o espazo necesarios que aseguren os alumnos deste centro unhas condicións propias dos tempos nos que estamos para recibir a súa formación
Para rematar Enrique cabaleiro enumeraba unha serie de investimentos de menor contía , pero non de menos importancia, tales como: a traída de auga o barrio Do Monte en Caldelas, un investimento necesario e urxente en opinión de Cabaleiro, que os veciños dese barrio levar agardando desde hai xa moito tempo. A rehabilitación e acondicionamento do tramo que aínda conserva a cidade de Tui, a recuperación da praia fluvial da Metralla a recuperación e acondicionamento dos cauces e sendas fluviais, e por último reclamou do Goberno Galego a apertura durante todo o ano do Centro de Interpretación do Monte Aloia, unhas instalacións de gran importancia como foco de atracción de turismo, que teñen demostrado nos meses que permanecen abertas, que o número de visitantes que acolle, xustifica a súa continuidade no tempo.
Carmen Gallego deputada do PSdG-PSOE, comprometeuse a defender as demandas do Concello de Tui a través do seu grupo parlamentar e presentarán emendas parciais os orzamentos, o mesmo tempo que sinalaba que estas correccións so poderán saír adiante si o presidente da Xunta Sr. Feijóo, ten vontade destes esquecementos orzamentarios
Tendo en conta a importancia de todas as actuacións descritas e constatando que ningunha delas está recollida nos orzamentos da Xunta para o 2016, o alcalde afirma que Tui esta sendo ignorado polo Goberno Galego e demanda a corrección desta desatención, que prexudica de forma notable aos veciños e veciñas de Tui e ignoran de forma clara as súas demandas.
Sem comentários:
Enviar um comentário