segunda-feira, 9 de novembro de 2015

Mañá martes inaugurarase a exposición “Paisaxes Mentais” de Nel Díaz Piñeiro

Mañá martes, 10 de novembro, ás 19h., na Sala de Exposicións da Área Panorámica inaugurarase a exposición “Paisaxes Mentais” do artista Nel Díaz Piñeiro. 
A mostra “Paisaxes mentais” é un reflexo da teima do seu creador, Nel Díaz, polo paso do tempo e o movemento. As imaxes  preséntanse como story boards de paisaxes e situacións oníricas intencionadamente desordenadas ou en continua transformación, que buscan falar de impresións ou recordos que forman parte do noso subconsciente colectivo 
Á inauguración acudirán a concelleira de Cultura, María José González, a organizadora da exposición, Helena Rodríguez e o artista Nel Díaz Piñeiro.
Inauguración da exposición Paisaxes Mentais
Día e hora: Martes, 10 de novembro, ás 19h.
Lugar: Sala de Exposicións da Área Panorámica