quarta-feira, 2 de dezembro de 2015

Este venres acenderase o alumeado de Nadal nas principais rúas do centro urbano de Tui

Ademais, dende este venres volverá a funcionar o tren turístico que conecta a Tui con Valença
4 de decembro, acenderase a iluminación de Nadal en Tui. Máis dun centenar de arcos iluminarán as principais rúas do centro urbano con diferentes motivos alusivos a estas festas. O Concello de Tui adxudicou á empresa Iluminaciones Electrosil S.L. de Tui a execución dos traballos cun orzamento total de 17.780,95€. 
Nas entradas a Tui, concretamente nas Avenidas de Portugal e da Concordia, na rúa Colón e na rúa Maristas, colocaranse luminosos felicitando as festas. Trineos, renos, árbores de Nadal, ou estrelas serán algúns dos motivos que luzan nos arcos que se instalarán no Paseo da Corredoira, e nas rúas Augusto González Besada, Compostela, Casal Aboy, Lugo, Betanzos, Rosa Bahamonde, Travesía Rosa Bahamonde, Foxo, Travesía Foxo, Ordóñez, Camilo José Cela, Colón e Coruña. Amais nas rúas Ourense, Mondoñedo e Betanzos serán instalados  motivos laterais. Destaca asemade a árbore nevada de 12 metros de altura que lucirá na Praza da Inmaculada.  Todos os adornos son realizados en luces led e fío led, o que supón un aforro importante no consumo con respecto ás lámpadas tradicionais. 
Con respecto a anos anteriores, o Concello de Tui aposta, por una banda, por anticipar o acendido do alumeado de Nadal que se facía ata o de agora o día 6 de decembro. Por outra parte redúcese en máis dun 40% o orzamento destinado a esta actividade que nos últimos anos estaba entorno ós 30 mil euros. 
Tamén dende este venres, 4 de decembro, un tren turístico volverá unir os centros urbanos de Tui e de Valença do mesmo xeito que se fixo nos meses de verán. 
Con estas iniciativas o Concello de Tui aposta por promocionar a cidade nestas datas festivas, incentivando así tamén o comercio local. A estas actividades sumaranse outras a realizar durante as festas que serán dadas a coñecer proximamente. 

Sem comentários:

Enviar um comentário