quarta-feira, 2 de dezembro de 2015

Un ataque informático mantén paralizados distintos departamentos do Concello de Tui

O Concello de Tui sufriu nas últimas horas un ataque informático que mantén aos distintos departamentos da Casa do Concello case paralizados. Onte ao mediodía detectouse a presenza dun cryptovirus que afecta a innumerables arquivos encriptándoos e impedindo o acceso aos mesmos.  Sospeitase que a infección comezou nun ordenador e ao través do servidor se estendeu ao resto dos equipos.  
Dende onte técnicos municipais están a traballar para solucionar este problema informático, aos que hoxe se sumarán tamén técnicos do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, aos que se solicitou colaboración. O Concello presentará a correspondente denuncia ante a Garda Civil por este ataque informático.
Dende o Concello de Tui piden desculpas as persoas que se acheguen hoxe ata o Concello de Tui a realizar algún tipo de xestión, xa que todas aquelas que precisen dun proceso ou consulta informática non poderán ser atendidas. Así hoxe o rexistro de entrada e saída de  documentos estará pechado.  

Sem comentários:

Enviar um comentário